Os novos criterios diagnósticos do DSM-5

Size: px
Start display at page:

Download "Os novos criterios diagnósticos do DSM-5"

Transcription

1 Segundo os novos descubrimentos científicos nos van permitindo comprender mellor o autismo, os criterios diagnósticos do autismo deben ser continuamente revisados. O ano pasado, a nova clasificación dos trastornos autistas do último Manual Diagnóstico e Estatístico de Trastornos Mentais (DSM-5) suscitou moito debate. Neste artigo, o Dr. Giacomo Vivanti e a Dra. Donata Pagetti Vivanti explican en que consisten estes cambios e o que significan. O DSM-5 é a quinta edición do Diagnostic and Statistic Manual of Mental Disorders (Manual Diagnóstico e Estatístico de Trastornos Mentais), publicado pola American Psychiatric Association. O DSM é unha clasificación de trastornos mentais que serve de referencia para a investigación e para establecer estatísticas de saúde pública. O DSM é un dos manuais máis utilizados no mundo para a clasificación dos trastornos mentais (o outro manual é o International Classification os Diseases [ICD-10] da Organización Mundial da Saúde). Os cambios incorporados na quinta edición do DSM (o DSM-5) eliminaron criterios diagnósticos 1 / 11

2 utilizados dende fai décadas para o diagnóstico do autismo e dos trastornos asociados. Clasificado nun principio baixo o termo esquizofrenia infantil na primeira edición de 1952, o concepto diagnóstico do autismo viu modificada a súa definición en cada nova edición do DSM. Cada unha destas actualizacións foi obxecto de controversia e os últimos cambios introducidos na quinta edición de maio de 2013 non son unha excepción. As principais diferenzas entre o DSM-5 e o DSM-IV 1. Definición do autismo O DSM-IV, publicado en 1994, definía o autismo e os seus trastornos asociados como trastornos xeneralizados do desenvolvemento (TXD). No DSM-5, esta definición foi substituída polo termo trastornos do espectro autista (TEA), que foron incluídos á súa vez dentro dunha categoría máis ampla de trastornos do neurodesenvolvemento. 2 / 11

3 2. Os subtipos do autismo No DSM-IV, a categoría dos trastornos xeneralizados do desenvolvemento comportan cinco subtipos de autismo: o trastorno autista, a síndrome de Asperger, o trastorno desintegrativo infantil, o trastorno xeneralizado do desenvolvemento non especificado (TXD non especificado) e a síndrome de Rett. O DSM-5 substituíu catro destes subtipos (trastorno autista, síndrome de Asperger, trastorno desintegrativo infantil e TXD non especificado) pola categoría xera trastornos do espectro autista (TEA). A síndrome de Rett xa non forma parte deste sistema de clasificación. En lugar de facer distinción entre estes subtipos, a definición diagnóstica do DSM-5 especifica tres niveis de gravidade nos síntomas, así como o nivel de apoio necesario. 3. Síntomas clínicos A definición diagnóstica do autismo no DSM-IV caracterizábase por 3 síntomas de base (tríada): a. deficiencias na reciprocidade social 3 / 11

4 b. deficiencias na linguaxe ou na comunicación c. repertorio de intereses e actividades restrinxido e repetitivo. No DSM-5, só quedan dúas categorías de síntomas: a. deficiencias na comunicación social (os problemas sociais e de comunicación combínanse) b. comportamentos restrinxidos e repetitivos. As categorías de síntomas deficiencias na comunicación social e comportamentos restrinxidos e repetitivos recollen os mesmos elementos que no DSM-IV, a excepción de dous cambios importantes: a. As deficiencias ou atraso na linguaxe xa non se inclúen nesta categoría de síntomas do DSM-5. b. O síntoma clínico sensibilidade inusual aos estímulos sensoriais, que non aparecía no DSM-IV, incorpórase agora á categoría comportamentos repetitivos. 4 / 11

5 4. Aparición do autismo Outro cambio é a substitución do criterio diagnóstico do DSM-IV que indica que os síntomas do autismo debían aparecer antes dos 36 meses de idade pola seguinte definición, máis aberta : Os síntomas deben estar presentes dende a infancia temperá, aínda que poden non manifestarse plenamente ata que a limitación das capacidades impide a resposta ás esixencias sociais. 5. Diagnóstico diferencial O DSM-5 introduce unha nova etiqueta diagnóstica dentro da categoría deficiencias na linguaxe : os trastornos da comunicación social. Os criterios diagnósticos desta subcategoría solapan en parte cos do TEA; de xeito que os nenos diagnosticados cun trastorno da comunicación social teñen unha deficiencia pragmática, así como un problema de utilización social da comunicación verbal e non verbal. Non obstante, a presenza adicional de intereses obsesivos e de comportamentos repetitivos exclúe a posibilidade dun diagnóstico de trastorno da comunicación social. Polo tanto, a presenza de comportamentos repetitivos é esencial no establecemento dun diagnóstico diferencial de autismo. 5 / 11

6 Xustificación dos cambios Os cambios incluídos no DSM-5 apóianse na investigación. A supresión dos diferentes subtipos diagnósticos do TXD do DSM-IV baséase en estudos que mostran que: a. a distinción existente entre os subtipos do DSM-IV varía ao cabo do tempo b. a aplicación de subtipos diagnósticos pode variar en función do entorno onde se realice o diagnóstico (por exemplo, o mesmo neno podería ser diagnosticado con síndrome de Asperger nun entorno e con trastorno autista noutro) c. as diferenzas nas competencias sociais e cognitivas entre os subgrupos defínense mellor en termos de continuum ca en subtipos diferenciados d. existen poucas probas de diferencias marcadas entre o risco xenético das persoas afectadas por un trastorno autista e as persoas que teñen síndrome de Asperger (por exemplo, estudos baseados en irmáns e irmás de nenos con autismo mostran que a prevalenza do trastorno autista e da síndrome de Asperger nos irmáns era aproximadamente a mesma). Do mesmo xeito, as conclusións das investigacións biolóxicas (por exemplo, mediante biomarcadores, imaxe funcional cerebral e tests de seguimento visual) achegan pouca probas dunha diferenza real entre o risco xenético para as persoas que teñen unha ou outra condición. A importancia concedida á presenza de comportamentos repetitivos e a eliminación dos criterios de linguaxe baséanse en estudos recentes que mostran que: a. os comportamentos repetitivos, nos que se inclúen as respostas sensoriais inusuais, aparecen de forma temperá no desenvolvemento dun neno con autismo 6 / 11

7 b. contrariamente ás dificultades na linguaxe, os comportamentos repetitivos forman parte de criterios distintivos do autismo. Finalmente, unha nova categoría diagnóstica de trastornos da comunicación social foi incorporada ao DSM-5, xa que algúns nenos poden presentar déficits na utilización social da comunicación sen presentar comportamentos restrinxidos ou repetitivos, tal como recolle Rapin & Allen, 1983 [i]. Críticas ao DSM-5 Investigadores e grupos de representación mostraron certa preocupación en canto ao impacto destes cambios no eido clínico, cultural e investigador. A crítica máis frecuente á definición do TEA no DSM-5 é a estreiteza dos novos criterios, co que se corre o risco de excluír a algunhas persoas do diagnóstico de autismo e, en consecuencia, que non teñan acceso aos servizos que necesitan. Varios estudos parecen confirmar estas preocupacións. Algúns [ii] demostraron que unha porcentaxe significativa (10-40 por cento) de persoas que respondían aos criterios do DSM-IV para o diagnóstico de autismo xa non responden aos novos criterios do DSM-5. Outras críticas comúns fanse á introducción dun novo diagnóstico de trastorno da comunicación social. Non se sabe claramente ata que punto este diagnóstico está ligado ao do autismo. Ao tratarse dun novo diagnóstico, persisten dúbidas en canto á súa utilidade práctica en termos de estratexias de tratamento e en canto a saber se as persoas diagnosticadas con este trastorno poderán ter acceso aos servizos adaptados ao seu trastorno. 7 / 11

8 As asociacións de autorrepresentación afirman que a introducción da síndrome de Asperger na categoría dos trastornos do espectro autista sen distinción algunha socava a identidade das persoas afectadas por esta síndrome. Non obstante, a visión adoptada no DSM-5, que consiste en clasificar os trastornos do espectro autista en función do nivel de apoio que necesitan, correspóndese mellor coa visión baseada nos dereitos da Convención de Nacións Unidas sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade (CNUDPD). A CNUDPD considera que a discapacidade é e debe ser considerada como tal- variada. A dignidade e o valor intrínseco da cada ser humano deben estar plenamente recoñecidos, sexa cal sexa a gravidade da discapacidade. Por conseguinte, un diagnóstico ou un sub-diagnóstico non pode en ningún caso servir de fundamento para a identidade dunha persoa ou dun grupo de persoas. Paralelamente, en esa definición, la CNUDPD considera que ningunha persoa debería ser considerada como discapacitada contra a súa vontade. Finalmente, clasificar a síndrome de Asperger coma un subtipo específico do autismo conleva tamén un grande risco para as persoas Asperger; o risco de perder o acceso a un apoio e a uns servizos que necesitan, principalmente se temos en conta a crenza, aínda amplamente estendida, de que as persoas afectadas pola síndrome de Asperger son xenios. Conclusión Os cambios introducidos no DSM-5 baséanse na evidencia científica mais ca nos motivos políticos ou de presión. Non obstante, o novo sistema de clasificación esperta certas preocupacións, especialmente en canto ao risco de que algunhas persoas xa non respondan aos criterios diagnósticos do autismo. Por esta razón, é imprescindible que a comunidade científica estude o impacto dos novos cambios do DSM-5 sobre o terreo e que os responsables políticos se aseguren de que a introdución dos novos criterios non implique cambios nas políticas de cobertura en materia de servizos de apoio, cambios que impedirían ás persoas con autismo ter acceso a eles. 8 / 11

9 Para saber máis sobre o DSM-5: 9 / 11

10 Dr. Giacomo Vivanti Olga Tennison Autism Research Centre La Trobe University, Melbourne, Australia Dra. Donata Pagetti Vivanti Vicepresidenta, Foro Europeo da Discapacidade Extraído de Link nº60: consultar o artigo orixinal [i] Rapin, I., & Allen, D. (1983). Developmental language disorders: nosologic considerations. In U. Kirk (Ed.), Neuropsychology of language, reading, and spelling, pp New York: Academic Press. 10 / 11

11 [ii] Vivanti, G., Hudry, K., Trembath, D., Barbaro, J., Richdale, A., Dissanayake, C. (2013). Towards the DSM 5 Criteria for Autism: Clinical, Cultural and Research Implications. Austral ian Psychologist, 48, pp ; Volkmar FR, Reichow B (2013). Autism in DSM-5: Progress and challenges. Molecular Autism, 4: 13. Consulta o DSM-5 en castelán aquí 11 / 11

NOTA IMPORTANTE: O cuestionario en galego está asociado a un contorno de traballo con ferramentas ofimáticas en galego.

NOTA IMPORTANTE: O cuestionario en galego está asociado a un contorno de traballo con ferramentas ofimáticas en galego. 1. A continuación do final do parágrafo, insira una folla de cálculo Excel utilizando os menús propios de Word. Cal é a letra que identifica a columna situada na marxe dereita da folla de cálculo que se

More information

Grupo de indicadores: Alcohol

Grupo de indicadores: Alcohol Indicador A01-Prevalencia de consumo diario de alcohol en adultos. Residentes en Galicia de 15 a 64 anos. Individuos que declaran ter tomado a diario bebidas alcohólicas nos últimos 30 días. Individuos

More information

Habilidades para a procura, xestión e comunicación da información

Habilidades para a procura, xestión e comunicación da información Habilidades para a procura, xestión e comunicación da información Mestrado universitario en estudos avanzados sobre a comunicación, a linguaxe e as súas patoloxías fontes de información axeitadas + boa

More information

TRASTORNO DE ASPERGER VERSUS TRASTORNO AUTISTA DE ALTO FUNCIONAMENTO

TRASTORNO DE ASPERGER VERSUS TRASTORNO AUTISTA DE ALTO FUNCIONAMENTO REVISTA GALEGO-PORTUGUESA DE PSICOLOXÍA E EDUCACIÓN Vol. 14, 1, Ano 11º-2007 ISSN: 1138-1663 TRASTORNO DE ASPERGER VERSUS TRASTORNO AUTISTA DE ALTO FUNCIONAMENTO Manuel OJEA RÚA Campus de Ourense Data

More information

Revisión da vacina da gripe. Marta Mariño Martínez (MIR II MFeC) CS Sárdoma,

Revisión da vacina da gripe. Marta Mariño Martínez (MIR II MFeC) CS Sárdoma, Revisión da vacina da gripe. Marta Mariño Martínez (MIR II MFeC) CS Sárdoma, 02.03.2018. Que é a gripe Sistema de vixilancia Tempada actual Evidencias sobre a vacina Que é a gripe? Enfermidade infecciosa

More information

Guías para a elaboración dos menús, dirixidas a nenos con necesidades nutricionais específicas

Guías para a elaboración dos menús, dirixidas a nenos con necesidades nutricionais específicas Guías para a elaboración dos menús, dirixidas a nenos con necesidades nutricionais específicas Guías para a elaboración dos menús, dirixidas a nenos con necesidades nutricionais específicas GUÍAS PARA

More information

Auditoría de modelos numéricos para macizos rocosos

Auditoría de modelos numéricos para macizos rocosos Auditoría de modelos numéricos para macizos rocosos Dr. Alejo O. Sfriso Universidad de Buenos Aires materias.fi.uba.ar/6408 asfriso@fi.uba.ar SRK Consulting (Argentina) latam.srk.com asfriso@srk.com.ar

More information

INCLUSIÓN EDUCATIVA DUN ESTUDANTE CON TRASTORNO DE ASPERGER NO ENSINO UNIVERSITARIO. Manuel Ojea Rúa Universidade de Vigo

INCLUSIÓN EDUCATIVA DUN ESTUDANTE CON TRASTORNO DE ASPERGER NO ENSINO UNIVERSITARIO. Manuel Ojea Rúa Universidade de Vigo INCLUSIÓN EDUCATIVA DUN ESTUDANTE CON TRASTORNO DE ASPERGER NO ENSINO UNIVERSITARIO Manuel Ojea Rúa Universidade de Vigo Nuria Diéguez García Universidade de Vigo INTRODUCCIÓN Nas disposicións legais vixentes,

More information

Indicadores: Nutrición, actividade física e estatus ponderal

Indicadores: Nutrición, actividade física e estatus ponderal Indicador N01-Prevalencia de sobrepeso en adultos. Residentes en Galicia de 16 anos e máis. Individuos con Índice de Masa Corporal (IMC) 25Kg/m 2 e

More information

Sistemas complejos, vulnerabilidad y adaptación: Conceptos básicos de las ciencias sociales.

Sistemas complejos, vulnerabilidad y adaptación: Conceptos básicos de las ciencias sociales. Sistemas complejos, vulnerabilidad y adaptación: Conceptos básicos de las ciencias sociales. Polo Diaz y Elma Montana 1 Our presentation Initial comments The need for a vision The need for theory and its

More information

A importancia da promoción da saúde mental en adolescentes. Un programa dende Terapia Ocupacional.

A importancia da promoción da saúde mental en adolescentes. Un programa dende Terapia Ocupacional. Facultade de Ciencias da Saúde Grao en Terapia Ocupacional Curso académico 2016-2017 TRABALLO DE FIN DE GRAO A importancia da promoción da saúde mental en adolescentes. Un programa dende Terapia Ocupacional.

More information

DOG Núm. 140 Mércores, 24 de xullo de 2013 Páx

DOG Núm. 140 Mércores, 24 de xullo de 2013 Páx DOG Núm. 140 Mércores, 24 de xullo de 2013 Páx. 29431 I. DISPOSICIÓNS XERAIS CONSELLERÍA DE SANIDADE DECRETO 111/2013, do 4 de xullo, polo que se modifican os decretos 41 e 43/2013, do 21 de febreiro,

More information

Planning sample size for impact evaluations

Planning sample size for impact evaluations Planning sample size for impact evaluations David Evans, Banco Mundial Basado en slides de Esther Duflo (J-PAL) y Jed Friedman (Banco Mundial) Size of the sample for impact evaluations Pergunta geral De

More information

Scan Ohsas Sample Manual

Scan Ohsas Sample Manual Scan Ohsas Sample Manual Download: ohsas-sample-manual.pdf Read: ohsas sample manual Free access ebook for ohsas sample manual front seat airbag assy ohsas 18001 safety manual for ohsas 18001 occupational

More information

TALLER SOBRE FINANCIAMENTO DE PROXECTOS EUROPEOS DE I+D+i. Plataforma de Innovación - SERGAS

TALLER SOBRE FINANCIAMENTO DE PROXECTOS EUROPEOS DE I+D+i. Plataforma de Innovación - SERGAS TALLER SOBRE FINANCIAMENTO DE PROXECTOS EUROPEOS DE I+D+i Plataforma de Innovación - SERGAS HORIZON 2020 Ana Isabel Fernández Fraga Carlos Sánchez Vecino Fundación Fomento Calidade 25 de Setembro de 2012

More information

The International Summit on Intellectual Disability and Dementia

The International Summit on Intellectual Disability and Dementia The International Summit on Intellectual Disability and Dementia The 2016 International Summit on Intellectual Disability and Dementia, held in Glasgow, Scotland on October 13-14, involved 32 academics

More information

Fever from Primary Tooth Eruption What is the evidence?

Fever from Primary Tooth Eruption What is the evidence? Fever from Primary Tooth Eruption What is the evidence? Sara Matos I, Patrícia Silva I ABSTRACT Introduction: There is no consensus on the causal relationship between primary dental eruption and both systemic

More information

The principles of physical activity

The principles of physical activity The principles of physical activity What are they? Principles of training are all those rules and conditions that are applied to work out programs to achieve the maximum performance of the athlete. Los

More information

INTERNATIONAL MEDICAL REVIEW ON DOWN S SYNDROME

INTERNATIONAL MEDICAL REVIEW ON DOWN S SYNDROME Rev Med Int Sindr Down. 2012;16(3):44-48 INTERNATIONAL MEDICAL REVIEW ON DOWN S SYNDROME www.fcsd.org www.elsevier.es/sd CLINICS AND PRACTICE Therapeutic groups for children with dual pathology: Down s

More information

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA03. Código. Proba de. Inglés. Páxina 1 de 7

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior CSPEA03. Código. Proba de. Inglés. Páxina 1 de 7 Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior Proba de Inglés Código CSPEA03 Páxina 1 de 7 1. Formato da proba Formato A proba constará de 20 cuestións tipo test. As cuestións tipo test teñen tres

More information

This is a pre-publication version of the article published in the Journal of Clinical Practice in Speech Language Pathology

This is a pre-publication version of the article published in the Journal of Clinical Practice in Speech Language Pathology CHANGING THE WAY WE DIAGNOSE AUTISM 1 This is a pre-publication version of the article published in the Journal of Clinical Practice in Speech Language Pathology Changing the way we diagnose autism: Implications

More information

Classification of acute pancreatitis

Classification of acute pancreatitis 164 TBE-CITE Classificação de gravidade na pancreatite aguda TERCIO DE CAMPOS, TCBC-SP 1 ; JOSÉ GUSTAVO PARREIRA, TCBC-SP 2 ; JOSÉ CESAR ASSEF, TCBC-SP 3 ; SANDRO RIZOLI 4 ; BARTO NASCIMENTO 5 ; GUSTAVO

More information

INFLUENCE OF ONE WEEK EDUCATION PROGRAM ON THE KNOWLEDGE AND APPROACH OF PHARMACY STUDENTS TOWARDS DIABETES MELLITUS

INFLUENCE OF ONE WEEK EDUCATION PROGRAM ON THE KNOWLEDGE AND APPROACH OF PHARMACY STUDENTS TOWARDS DIABETES MELLITUS Acta Bioethica 2013; 19 (1): 131-136 INFLUENCE OF ONE WEEK EDUCATION PROGRAM ON THE KNOWLEDGE AND APPROACH OF PHARMACY STUDENTS TOWARDS DIABETES MELLITUS Haji Muhammad Shoaib Khan 1, Muhammad Asif 1, Awais

More information

Documentostécnicos desaúdepública. PROGRAMAGALEGO PARAADETECCIÓN DAXORDEIRAEN SerieA. Nº15 PERÍODONEONATAL

Documentostécnicos desaúdepública. PROGRAMAGALEGO PARAADETECCIÓN DAXORDEIRAEN SerieA. Nº15 PERÍODONEONATAL Documentostécnicos desaúdepública PROGRAMAGALEGO PARAADETECCIÓN DAXORDEIRAEN SerieA. Nº15 PERÍODONEONATAL 1 INTRODUCCIÓN Documentos técnicos de Saúde Pública Serie A. Nº 15 PROGRAMA GALEGO PARA A DETECCIÓN

More information

PET and PET/CT Imaging for the Earliest Detection and Treatment of Colorectal Carcinoma

PET and PET/CT Imaging for the Earliest Detection and Treatment of Colorectal Carcinoma 169 Vol.48, Special : pp. 169-174, October 2005 ISSN 1516-8913 Printed in Brazil BRAZILIAN ARCHIVES OF BIOLOGY AND TECHNOLOGY AN INTERNATIONAL JOURNAL PET and PET/CT Imaging for the Earliest Detection

More information

ING 1 8/15 EXAME DE PROFICIÊNCIA EM LÍNGUA INGLESA PARA PROCESSOS SELETIVOS DE PROGRAMAS DE PÓS-GRADUAÇÃO DA UFMG

ING 1 8/15 EXAME DE PROFICIÊNCIA EM LÍNGUA INGLESA PARA PROCESSOS SELETIVOS DE PROGRAMAS DE PÓS-GRADUAÇÃO DA UFMG ING 1 8/15 EXAME DE PROFICIÊNCIA EM LÍNGUA INGLESA PARA PROCESSOS SELETIVOS DE PROGRAMAS DE PÓS-GRADUAÇÃO DA UFMG ÁREA Nº 1: CIÊNCIAS BIOLÓGICAS, CIÊNCIAS AGRÁRIAS, CIÊNCIAS DA SAÚDE IDENTIFICAÇÃO CPF:

More information

Publications and Papers from the International Summit on Intellectual Disability and Dementia (Glasgow, Scotland October 13-14, 2016)

Publications and Papers from the International Summit on Intellectual Disability and Dementia (Glasgow, Scotland October 13-14, 2016) Publications and Papers from the International Summit on Intellectual Disability and Dementia (Glasgow, Scotland October 13-14, 2016) International Summit Consensus Statement: Intellectual Disability Inclusion

More information

Autism (sometimes called classical autism )

Autism (sometimes called classical autism ) Prevalence of autism spectrum disorders in relatives of patients with selective immunoglobulin A deficiency María L. Santaella, MD*; Yessica Varela, Ph D*; Nicolás Linares, Ph D*; Orville M. Disdier, MS

More information

Dissociative disorder and traumatic events. A study of the Spanish population

Dissociative disorder and traumatic events. A study of the Spanish population Originals M. T. Bru M. Santamaría R. Coronas J. V. Cobo Dissociative disorder and traumatic events. A study of the Spanish population Corporació Sanitària Parc Taulí Sabadell (Barcelona) (Spain) Dissociative

More information

Boletín Epidemiolóxico de Galicia

Boletín Epidemiolóxico de Galicia Dirección xeral de saúde pública DXSP Boletín Epidemiolóxico de Galicia volume XXIX, número 6 decembro de 2017 EFECTIVIDADE DA VACINACIÓN FRONTE O VPH EN GALICIA: 2014-2017... páxina 1 VIXILANCIA DA CIRCULACIÓN

More information

Who discovers the cutaneous melanoma * Quem descobre o melanoma cutâneo *

Who discovers the cutaneous melanoma * Quem descobre o melanoma cutâneo * 244 Clinical, Epidemiological, Laboratory and Therapeutic Investigation Who discovers the cutaneous melanoma * Quem descobre o melanoma cutâneo * Marcus Maia 1 Marianne Basso 2 Abstract: BACKGROUND - In

More information

H I S T O R I A D U N D E S E N C O N T R O?

H I S T O R I A D U N D E S E N C O N T R O? TEOFILINA NO EPOC H I S T O R I A D U N D E S E N C O N T R O? M A R TA M A R I Ñ O M A R T Í N E Z ( M I R I I MFC) J. L. G U E R R A VA L E S S E R V I Z O N E U M O L OX Í A - H A C Que é a teofilina?

More information

WORLD MEDICAL ASSOCIATION DECLARATION OF HELSINKI Ethical Principles for Medical Research Involving Human Subjects

WORLD MEDICAL ASSOCIATION DECLARATION OF HELSINKI Ethical Principles for Medical Research Involving Human Subjects WORLD MEDICAL ASSOCIATION DECLARATION OF HELSINKI Ethical Principles for Medical Research Involving Human Subjects Adopted by the 18th WMA General Assembly, Helsinki, Finland, June 1964, and amended by

More information

Body Mass Index Assessment of Health Care Professionals in a Primary Care Setting in Portugal: a Cross Sectional Study

Body Mass Index Assessment of Health Care Professionals in a Primary Care Setting in Portugal: a Cross Sectional Study Body Mass Index Assessment of Health Care Professionals in a Primary Care Setting in Portugal: a Cross Sectional Study Avaliação do Índice de Massa Corporal em Profissionais de Saúde dos Cuidados de Saúde

More information

Idiopathic nephrotic syndrome Deflazacort, an alternative? Síndrome nefrótico idiopático Deflazacorte, uma alternativa?

Idiopathic nephrotic syndrome Deflazacort, an alternative? Síndrome nefrótico idiopático Deflazacorte, uma alternativa? ORIGINAL ARTICLE Port J Nephrol Hypert Advance Access publication 21 December 2015 Idiopathic nephrotic syndrome Deflazacort, an alternative? Síndrome nefrótico idiopático Deflazacorte, uma alternativa?

More information

ANEXO 2: MUJERES FOTÓGRAFAS

ANEXO 2: MUJERES FOTÓGRAFAS FORMATO INSCRIPCIÓN DE PROYECTO A LA ESTRATEGIA ANEXO 2: MUJERES FOTÓGRAFAS NOMBRE DEL PROYECTO Nombre Empresa: oodee Teléfono: 0044 793 1943 054 Nombre contacto: Damien Poulain Teléfono: 0044 793 1943

More information

SUBDIRECCIÓN XERAL DE FARMACIA. Boletín de avaliación farmacoterapéutica de novos medicamentos. Centro de Información Farmacoterapéutica

SUBDIRECCIÓN XERAL DE FARMACIA. Boletín de avaliación farmacoterapéutica de novos medicamentos. Centro de Información Farmacoterapéutica SUBDIRECCIÓN XERAL DE FARMACIA ISSN: 1989-2578 Boletín de avaliación farmacoterapéutica de novos medicamentos Nº 2 Ano 2014 Centro de Información Farmacoterapéutica Mirabegron Nome comercial Condición

More information

Study (s) Degree Center Acad. Period Grado de Psicología FACULTY OF PSYCHOLOGY 4 Second term

Study (s) Degree Center Acad. Period Grado de Psicología FACULTY OF PSYCHOLOGY 4 Second term COURSE DATA Data Subject Code 33329 Name Clinical child and young person's psychology Cycle Grade ECTS Credits 4.5 Academic year 2017 2018 Study (s) Degree Center Acad. Period year 1319 Grado de Psicología

More information

ORIGINAL GENDER DIFFERENCES IN MOTIVATIONS TO PRACTICE PHYSICAL ACTIVITY AND SPORT IN OLD AGE

ORIGINAL GENDER DIFFERENCES IN MOTIVATIONS TO PRACTICE PHYSICAL ACTIVITY AND SPORT IN OLD AGE Martín, M.; Moscoso, D. y Pedrajas, N. (2013). Diferencias de género en las motivaciones para practicar actividades físico-deportivas en la vejez / Gender differences in motivations to practice physical

More information

Highly active antiretroviral therapy in Brazil: the challenge of universal access in a context of social inequality

Highly active antiretroviral therapy in Brazil: the challenge of universal access in a context of social inequality Investigación original / Original research Highly active antiretroviral therapy in Brazil: the challenge of universal access in a context of social inequality Mariana A. Hacker, 1 Maya L. Petersen, 1,2

More information

Pathways to Internationalize Brazilian Journals of Psychology

Pathways to Internationalize Brazilian Journals of Psychology ISSN 1678-7153 Psychology/Psicologia Reflexão e Crítica, 28(S), 66-71. DOI: http://dx.doi.org/10.1590/1678-7153.20152840010 Pathways to Internationalize Brazilian Journals of Psychology Caminhos para Internacionalizar

More information

Worries about memory loss and knowledge on Alzheimer s disease in community-dwelling elderly from Brazil

Worries about memory loss and knowledge on Alzheimer s disease in community-dwelling elderly from Brazil DOI: 10.1590/S1980-57642011DN05020009 Dement Neuropsychol 2011 June;5(2):108-113 Original Article Worries about memory loss and knowledge on Alzheimer s disease in community-dwelling elderly from Brazil

More information

Comparison of the evolutional process of children with autism spectrum disorders in different language therapeutic interventions

Comparison of the evolutional process of children with autism spectrum disorders in different language therapeutic interventions Original Article Artigo Original Ana Carina Tamanaha 1 Jacy Perissinoto 2 Comparison of the evolutional process of children with autism spectrum disorders in different language therapeutic interventions

More information

Universidade de Lisboa Faculdade de Ciências

Universidade de Lisboa Faculdade de Ciências Universidade de Lisboa Faculdade de Ciências Departamento de Biologia Vegetal New method for the simultaneous identification of pathogenic human viruses using multiplex PCR Adriana Cardoso Resende Dissertação

More information

ORIGINAL ARTICLE ABSTRACT

ORIGINAL ARTICLE ABSTRACT ORIGINAL ARTICLE The natural history of infantile autism in a tertiary pediatric public hospital: developments with global developmental delays with full and partial regression A história natural do autismo

More information

Comités de ética da investigación

Comités de ética da investigación Colaboración Comités de ética da investigación Comités de ética da investigación Joám J. Casas Rodrigues Secretaría do Comité Ético de Investigación Clínica de Galiza. Médico especialista en Medicina Familiar

More information

nutrition Ricardo de Hoyos-Parra, Dr. (1)

nutrition Ricardo de Hoyos-Parra, Dr. (1) International debate about pediatric obesity Ar t í c u l o e s p e c i a l The need for an international debate in pediatrics about obesity and nutrition Ricardo de Hoyos-Parra, Dr. (1) De Hoyos-Parra

More information

ONLINE TRAINING TEXAS STATEWIDE LEADERSHIP FOR AUTISM TRAINING

ONLINE TRAINING TEXAS STATEWIDE LEADERSHIP FOR AUTISM TRAINING Educa on, both of children, and of parents and teachers, is currently the primary form of treatment for au s c spectrum disorders. Educa ng Children with Au sm, p. 1 FREE AVAILABLE 24/7 ACCESS TRAINING

More information

Promoting accountability with a new generation of logic models

Promoting accountability with a new generation of logic models Promoting accountability with a new generation of logic models Ann L. McCracken Abstract To better facilitate their work, program evaluators have developed a series of tools. One tool, the logic model,

More information

INVESTIGATING THE IMPACT OF COGNITIVE DISSONANCE AND CUSTOMER SATISFACTION ON LOYALTY AND COMPLAINT BEHAVIOUR

INVESTIGATING THE IMPACT OF COGNITIVE DISSONANCE AND CUSTOMER SATISFACTION ON LOYALTY AND COMPLAINT BEHAVIOUR REMark Revista Brasileira de Marketing ISSN: 2177-5184 Organização: Comitê Científico Interinstitucional Editor Científico: Osvaldo Elias Farah Avaliação: Double Blind Review pelo SEER/OJS Revisão: Gramatical,

More information

Autism Spectrum Disorders: Typology, prevalence and schooling in the province of Almeria (Spain)

Autism Spectrum Disorders: Typology, prevalence and schooling in the province of Almeria (Spain) European Journal of Child development, Education and Psychopathology 2014, Vol. 2, Nº 2 (Págs. 51-67) Eur. J. Develop. Educa. Psychop. ISSN 2340-924X // www.ejpad.com Autism Spectrum Disorders: Typology,

More information

Índice. 1. Introdución 2. Como se elaborou o Plan Banda Larga de Galicia? 3. O Plan Banda Larga de Galicia Orzamento

Índice. 1. Introdución 2. Como se elaborou o Plan Banda Larga de Galicia? 3. O Plan Banda Larga de Galicia Orzamento Índice 1. Introdución 2. Como se elaborou o Plan Banda Larga de Galicia? 3. O Plan Banda Larga de Galicia 2010-2013 3.1. Obxectivos estratéxicos 3.2. Cal é o noso Plan? 3.3. A onde queremos chegar? 4.

More information

CHARACTERISTICS OF PATIENTS ASSISTED AT AN AMBULATORY OF DEMENTIA FROM A UNIVERSITY HOSPITAL

CHARACTERISTICS OF PATIENTS ASSISTED AT AN AMBULATORY OF DEMENTIA FROM A UNIVERSITY HOSPITAL :631-635 CHARACTERISTICS OF PATIENTS ASSISTED AT AN AMBULATORY OF DEMENTIA FROM A UNIVERSITY HOSPITAL Lyssandra dos Santos Tascone 1, Rita de Cássia G. Marques 1, Elaine Cristina Pereira 1, Cássio M.C.

More information

Acta Otorrinolaringológica Gallega

Acta Otorrinolaringológica Gallega ISSN: 2340-3438 Edita: Sociedad Gallega de Otorrinolaringología. Periodicidad: continuada. Web: www: sgorl.org/revista Correo electrónico: actaorlgallega@gmail.com Acta Otorrinolaringológica Gallega Artículo

More information

MODO DE UTILIZACIÓN ÍNDICE PAUTA DE PÁXINA. Un click nos gráficos de páxina enlaza co índice. Un click nos capítulos enlaza coa páxina correspondente

MODO DE UTILIZACIÓN ÍNDICE PAUTA DE PÁXINA. Un click nos gráficos de páxina enlaza co índice. Un click nos capítulos enlaza coa páxina correspondente MODO DE UTILIZACIÓN ÍNDICE PAUTA DE PÁXINA Un click nos gráficos de páxina enlaza co índice PX 4 PX 6 PRESENTACIÓN EPIDEMIOLOXÍA E DIAGNÓSTICO PRECOZ 1 2 Un click nos capítulos enlaza coa páxina correspondente

More information

MISSING MIXED MODE: ELEMENTAL STRUCTURES

MISSING MIXED MODE: ELEMENTAL STRUCTURES MISSING MIXED MODE: ELEMENTAL STRUCTURES ESTRUCTURAS BÁSICAS DE LOS VALORES PERDIDOS EN ENCUESTAS CON MODOS MIXTOS Antonio Alaminos 1 Universidad de Alicante, España alaminos@ua.es Recibido: 20/07/2012

More information

org CONTACT SHEET LISTA DE CONTACTOS FAMILY SUPPORT GROUPS Grupos de apoyo familiar

org CONTACT SHEET LISTA DE CONTACTOS FAMILY SUPPORT GROUPS Grupos de apoyo familiar ADOPTION ADOPCIÓN Adoption Healing 74 Lakewood Drive Congers, NY 10920 (845) 268-0283 info@adoptionhealing.com www.adoptionhealing.com Adoptive Parents Committee 254 Seaman Avenue, Apt. A2 New York, NY

More information

Diagnosis of metabolic syndrome in children as a potential indicator of technical ability in medical and nutritional care

Diagnosis of metabolic syndrome in children as a potential indicator of technical ability in medical and nutritional care Nutr Hosp. ;():- ISSN - CODEN NUHOEQ S.V.R. 8 Original / Síndrome metabólico Diagnosis of metabolic syndrome in as a potential indicator of technical ability in medical and nutritional care Isabel Medina

More information

Estratexia galega para a atención a persoas en situación de cronicidade

Estratexia galega para a atención a persoas en situación de cronicidade Estratexia galega para a atención a persoas en situación de cronicidade Estratexia galega para a atención a persoas en situación de cronicidade PARTICIPANTES NOS GRUPOS DE TRABALLO Alonso Fachado, Alfonso

More information

Red de Revistas Científicas de América Latina y el Caribe, España y Portugal. Universidad Autónoma del Estado de México.

Red de Revistas Científicas de América Latina y el Caribe, España y Portugal. Universidad Autónoma del Estado de México. Revista Mexicana de Análisis de la Conducta Sociedad Mexicana de Análisis de la Conducta jburgos@ cucba.udg.mx ISSN (Versión impresa): 0185-4534 MÉXICO 2007 Adam H. Doughty / Shannon S. Doughty / Jennifer

More information

MEDICINA TRADICIONAL CHINA PARA LA MUJER (SPANISH EDITION) BY XIAOLAN ZHAO

MEDICINA TRADICIONAL CHINA PARA LA MUJER (SPANISH EDITION) BY XIAOLAN ZHAO Read Online and Download Ebook MEDICINA TRADICIONAL CHINA PARA LA MUJER (SPANISH EDITION) BY XIAOLAN ZHAO DOWNLOAD EBOOK : MEDICINA TRADICIONAL CHINA PARA LA MUJER Click link bellow and free register to

More information

Mortality from asthma in the state of S. Paulo, Brazil ( ) Paulo Andrade Lotufo, Isabela Judith Martins Benseñor and Cecília Amaro de Lolio

Mortality from asthma in the state of S. Paulo, Brazil ( ) Paulo Andrade Lotufo, Isabela Judith Martins Benseñor and Cecília Amaro de Lolio Mortality from asthma in the state of S. Paulo, Brazil (1970-1992) Paulo Andrade Lotufo, Isabela Judith Martins Benseñor and Cecília Amaro de Lolio Departamento de Clínica Médica da Faculdade de Medicina

More information

Scales on Quality of Life in patients with spinal cord injury: integrative review

Scales on Quality of Life in patients with spinal cord injury: integrative review REVIEW Scales on Quality of Life in patients with spinal cord injury: integrative review Escalas sobre Qualidade de Vida em pacientes com lesão medular: revisão integrativa Rita Lacerda Aquarone 1, Ana

More information

O SARAMPELO, situación e necesidades en Galicia Xosé A. Taboada Dirección Xeral de Saúde Pública

O SARAMPELO, situación e necesidades en Galicia Xosé A. Taboada Dirección Xeral de Saúde Pública O SARAMPELO, situación e necesidades en Galicia Xosé A. Taboada Dirección Xeral de Saúde Pública Dirección Xeral de Saúde Pública Impacto da vacinación na enfermidade: Nº de casos no ano de máxima incidencia,

More information

Neurociencia. Revista Mexicana de. Publicación oficial de la Academia Mexicana de Neurología A.C. Academia Mexicana de Neurología, A.C.

Neurociencia. Revista Mexicana de. Publicación oficial de la Academia Mexicana de Neurología A.C. Academia Mexicana de Neurología, A.C. Rev Mex Neuroci ahora en CONACyT Revista Mexicana de Neurociencia Publicación oficial de la Academia Mexicana de Neurología A.C. Vol. 19, issue. 4 (July-august 2018) Revista Mexicana de Neurociencia; 19,4

More information

ORIGINAL ARTICLE ABSTRACT

ORIGINAL ARTICLE ABSTRACT ORIGINAL ARTICLE Advance Access publication 23 May 2013 Inhibitors of the mammalian target of rapamycin in kidney transplantation: impact of conversion on allograft and patient survival Inibidores da mtor

More information

PLAN GALEGO DE. coidadospaliativos. Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade. Servizo Galego de Saúde

PLAN GALEGO DE. coidadospaliativos. Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade. Servizo Galego de Saúde Xunta de Galicia Consellería de Sanidade. Servizo Galego de Saúde Santiago de Compostela, 2006 GRUPO DE TRABALLO EN COIDADOS PALIATIVOS Ardid Posada, Tomás. Unidade de HADO. Complexo Hospitalario Universitario

More information

Need to make a phone call to someone who has a hearing loss or speech disability? Get Connected

Need to make a phone call to someone who has a hearing loss or speech disability? Get Connected Need to make a phone call to someone who has a hearing loss or speech disability? Get Connected with Ohio Relay! Bring people together with OHIO RELAY HOW DOES THE OHIO RELAY SERVICE WORK? 5 4 4 5 The

More information

LINGUAXE E DETERIORACIÓN COGNITIVA LIXEIRA (DCL):

LINGUAXE E DETERIORACIÓN COGNITIVA LIXEIRA (DCL): CADERNOS DE PSICOLOXÍA, 2017. VOL. 35, pp. 55-77 cadernos.copgalicia.gal LINGUAXE E DETERIORACIÓN COGNITIVA LIXEIRA (DCL): UNHA REVISIÓN BIBLIOGRÁFICA Iago Quintairos Estévez Mestrado en Estudos Avanzados

More information

Malignant melanoma (MM) is primarily a. Epidemiology of melanoma in Puerto Rico,

Malignant melanoma (MM) is primarily a. Epidemiology of melanoma in Puerto Rico, Epidemiology of melanoma in Puerto Rico, 1987-2002 SHEILA M. VALENTÍN, MD*; JORGE L. SÁNCHEZ, MD ; LUZ D. FIGUEROA, MD ; CRUZ M. NAZARIO, Ph D** Background: The incidence of cutaneous malignant melanoma

More information

Translation and validation of Hyperhidrosis Disease Severity Scale

Translation and validation of Hyperhidrosis Disease Severity Scale ORIGINAL ARTICLE Translation and validation of Hyperhidrosis Disease Severity Scale Translation and validation of Hyperhidrosis Disease Severity Scale Andrea Yasbek Monteiro Varella 1, Juliana Maria Fukuda

More information

4 COGNITIVE STIMULATION IN ELDERLY PEOPLE /

4 COGNITIVE STIMULATION IN ELDERLY PEOPLE / 4 COGNITIVE STIMULATION IN ELDERLY PEOPLE / ESTIMULAÇÃO COGNITIVA EM IDOSOS João Apóstolo 1 ; Ana Rosa 2 ; Inês Castro 3 ; Daniela Cardoso 4 RESUMO Objetivos: Avaliar o efeito de um Programa de Estimulação

More information

Literature review: Autoimmune diseases induced by viruses. Revisión bibliográfica: Enfermedades autoinmunes inducidas por virus

Literature review: Autoimmune diseases induced by viruses. Revisión bibliográfica: Enfermedades autoinmunes inducidas por virus Facultade de Ciencias Departamento de Biología Área de Microbiología Literature review: Autoimmune diseases induced by viruses Revisión bibliográfica: Enfermedades autoinmunes inducidas por virus Revisión

More information

Use of antidepressant treatment. Patients perception

Use of antidepressant treatment. Patients perception Originals M. J. Martín 1 M. García-Toro 2 F. Campoamor 3 A. Pareja 4 I. Aguirre 5 J. Salvá 6 M. Roca 7 Use of antidepressant treatment. Patients perception 1 Prolonged Psychiatric Care Unit. Hospital Dr.

More information

Mortality among patients with non-affective functional psychoses in a metropolitan area of South-Eastern Brazil*

Mortality among patients with non-affective functional psychoses in a metropolitan area of South-Eastern Brazil* 304 Rev. Saúde Pública, 30 (4): 304-9, 1996 Mortality among patients with non-affective functional psychoses in a metropolitan area of South-Eastern Brazil* Mortalidade em pacientes com psicoses funcionais

More information

ELEMENTOS DE DECORACIÓN FLORAL PLANTS AND FLOWER ARRANGEMENTS 2018

ELEMENTOS DE DECORACIÓN FLORAL PLANTS AND FLOWER ARRANGEMENTS 2018 ELEMENTOS DE DECORACIÓN FLORAL PLANTS AND FLOWER ARRANGEMENTS 2018 1 DECORACIÓN CON FLORES / FLORAL DECORATION CENTROS DE FLORES PRESIDENCIA /TOP TABLE FLOWER CENTERPIECES Centro de flores atril / Lectern

More information

PREVALENCE OF ATTENTION-DEFICIT HYPERACTIVITY DISORDERS IN STUDENTS

PREVALENCE OF ATTENTION-DEFICIT HYPERACTIVITY DISORDERS IN STUDENTS Arq Neuropsiquiatr 2000;58(2-B): 401-407 PREVALENCE OF ATTENTION-DEFICIT HYPERACTIVITY DISORDERS IN STUDENTS COMPARISON BETWEEN DSM-IV AND NEUROPSYCHOLOGICAL CRITERIA ANA GUARDIOLA*, FLAVIO D. FUCHS**

More information

Sleep Disorders in the adult population of Santiago of Chile and its association with common psychiatric disorders

Sleep Disorders in the adult population of Santiago of Chile and its association with common psychiatric disorders Original R. Fritsch Montero 1, 2 P. Lahsen Martínez 3 R. Romeo Gómez 3 R. Araya Baltra 4 G. Rojas Castillo 2 Sleep Disorders in the adult population of Santiago of Chile and its association with common

More information

USEFUL OF TOKYO GUIDELINES IN THE DIAGNOSIS OF ACUTE CHOLECYSTITIS. Anatomopathologie

USEFUL OF TOKYO GUIDELINES IN THE DIAGNOSIS OF ACUTE CHOLECYSTITIS. Anatomopathologie USEFUL OF TOKYO GUIDELINES IN THE DIAGNOSIS OF ACUTE CHOLECYSTITIS. Anatomopathologie correlationship UTILIDAD DE LAS GUIAS DE TOKIO EN LA COLECISTITIS AGUDA. Correlación Anatomopatológica Christian Janikow*,

More information

Orofacial Characteristics in Relation to the Need of Orthodontic Treatments in Children

Orofacial Characteristics in Relation to the Need of Orthodontic Treatments in Children Int. J. Odontostomat., 4(1):59-64, 2010. Orofacial Characteristics in Relation to the Need of Orthodontic Treatments in Children Caracteristicas Orofaciales en Relación a la Necesidad de Tratamiento Ortodóncico

More information

Assessment of Critical Reading Ability in Cardiology Residents

Assessment of Critical Reading Ability in Cardiology Residents ORIGINAL ARTICLE CME Assessment of Critical Reading Ability in Cardiology Residents Evaluación de la habilidad de la lectura crítica en residentes de cardiología AMANDA GALLI, RICARDO PIZARRO MTSAC, PATRICIA

More information

O paciente difícil en atención primaria

O paciente difícil en atención primaria Habilidades e Terapéutica O paciente difícil en atención primaria O paciente difícil en atención primaria Roberto Fernández Álvarez Médico de Familia do PAC de Allariz, Ourense. Membro do grupo de Comunicación

More information

MEMORIA E TERAPIA EMDR

MEMORIA E TERAPIA EMDR MEMORIA E TERAPIA EMDR CADERNOS DE PSICOLOXÍA 75 MEMORIA E TERAPIA EMDR Cadernos de Psicoloxía, 2013, Vol. 34. ISSN: 0213-5973. Anabel González Vázquez Complexo Hospitalario Universitario da Coruña Dolores

More information

The influence of antiretroviral-resistance tests on treatment effectiveness in patients with HIV and virological failure

The influence of antiretroviral-resistance tests on treatment effectiveness in patients with HIV and virological failure 1130-6343/2007/31/1/23 FARMACIA HOSPITALARIA Copyright 2007 ARÁN EDICIONES, S. L. FARM HOSP Vol. 31. N. 7, pp. 23-29, 2007 ORIGINAL The influence of antiretroviral-resistance tests on treatment effectiveness

More information

ILLNESS, DISABILITY OR CULTURAL IDENTITY? INTERPRETATION OF DEAFNESS AND ANSWERS FROM THE SPANISH EDUCATIONAL SYSTEM

ILLNESS, DISABILITY OR CULTURAL IDENTITY? INTERPRETATION OF DEAFNESS AND ANSWERS FROM THE SPANISH EDUCATIONAL SYSTEM 1664 ILLNESS, DISABILITY OR CULTURAL IDENTITY? INTERPRETATION OF DEAFNESS AND ANSWERS FROM THE SPANISH EDUCATIONAL SYSTEM Deficiência, incapacidade ou identidade cultural? Interpretação da surdez e respostas

More information

Effectively managing public concerns about immunization safety 1

Effectively managing public concerns about immunization safety 1 Temas de actualidad / Current topics Effectively managing public concerns about immunization safety 1 Key words: immunization, consumer product safety, health education. 1 Based on: Pan American Health

More information

Revista Portuguesa de. Cardiologia. Portuguese Journal of Cardiology.

Revista Portuguesa de. Cardiologia. Portuguese Journal of Cardiology. Rev Port Cardiol. 2014;33(11):727-732 Revista Portuguesa de Cardiologia Portuguese Journal of Cardiology www.revportcardiol.org EVIDENCED-ASED CARDIOLOGY What is the effect on cardiovascular events of

More information

SBCCV BOLETIM CIENTÍFICO

SBCCV BOLETIM CIENTÍFICO 04 2017 BOLETIM CIENTÍFICO SBCCV Editores: Dr. Domingo Marcolino Braile Dr. Fernando Ribeiro de Moraes Neto Dr. Luciano Cabral Albuquerque Dr. Orlando Petrucci Junior Dr. Walter José Gomes J Am Coll Cardiol

More information

Health TALK. The right care. Register online!

Health TALK. The right care. Register online! Health TALK SPRING 2019 VOLTEE PARA ESPAÑOL! Register online! You can get important information about your health plan anytime at myuhc.com/communityplan. At this secure site, you can view your ID card,

More information

Behavioral variability: A unified notion and some criteria for experimental analysis *

Behavioral variability: A unified notion and some criteria for experimental analysis * Revista Mexicana de Análisis de la Conducta 2008 Número 2 (DIC) Mexican Journal of Behavior Analysis 34, 133-143 Number 2 (DEC) Behavioral variability: A unified notion and some criteria for experimental

More information

ORIGINAL ARTICLE ABSTRACT

ORIGINAL ARTICLE ABSTRACT ORIGINAL ARTICLE Advance Access publication 26 November 2013 Clinical evolution in adults with nephrotic syndrome diagnosed in paediatric ages a single-centre experience Evolução clínica em adultos com

More information

One-year mortality among elderly people after hospitalization due to fall-related fractures: comparison with a control group of matched elderly

One-year mortality among elderly people after hospitalization due to fall-related fractures: comparison with a control group of matched elderly NOTA RESEARCH NOTE 801 One-year mortality among elderly people after hospitalization due to fall-related fractures: comparison with a control group of matched elderly Mortalidade em um ano de idosos após

More information

Prevalence of self-reported morbidity and knowledge about diabetes: populationbased study in Southern Brazil

Prevalence of self-reported morbidity and knowledge about diabetes: populationbased study in Southern Brazil RBCDH DOI: http://dx.doi.org/10.5007/1980-0037.2012v14n5p562 original article Prevalence of self-reported morbidity and knowledge about diabetes: populationbased study in Southern Brazil Prevalência de

More information

PsyTool Using Sport Psychology as a tool for positive Sport José Carlos Jaenes Sánchez, Project Director Pablo de Olavide University, Seville, Spain

PsyTool Using Sport Psychology as a tool for positive Sport José Carlos Jaenes Sánchez, Project Director Pablo de Olavide University, Seville, Spain PsyTool Using Sport Psychology as a tool for positive Sport José Carlos Jaenes Sánchez, Project Director Pablo de Olavide University, Seville, Spain E. mail: jcjaesan@upo.es Porqué nace la idea de PSYTOOL?

More information

Acta Otorrinolaringológica Gallega

Acta Otorrinolaringológica Gallega ISSN: 2340-3438 Edita: Sociedad Gallega de Otorrinolaringología. Periodicidad: continuada. Acta Otorrinolaringológica Gallega Artículo Original Adenotonsillectomy effect in children with asthma and allergic

More information

Clinical Case. Ana Carolina Cardoso, MD Federal University of Rio de Janeiro - Brazil

Clinical Case. Ana Carolina Cardoso, MD Federal University of Rio de Janeiro - Brazil Clinical Case Ana Carolina Cardoso, MD Federal University of Rio de Janeiro - Brazil Disclosures Nothing to declare - A 55-year-old female, asymptomatic, underwent abdominal ultrasound that revealed severe

More information

User-generated content and travel planning: An application of the theory of planned behavior

User-generated content and travel planning: An application of the theory of planned behavior Artigos User-generated content and travel planning: An application of the theory of planned behavior Conteúdo gerado pelo usuário e planejamento de viagens: Uma aplicação da teoria do comportamento planejado

More information

The Prevalence of Personality Disorder in a General Medical Hospital Population in Jamaica

The Prevalence of Personality Disorder in a General Medical Hospital Population in Jamaica The Prevalence of Personality Disorder in a General Medical Hospital Population in Jamaica J Martin 1, G Walcott 2, TR Clarke 3, EN Barton 3, FW Hickling 4 ABSTRACT Objective: To determine the prevalence

More information

EPUB / DE TRASPLANTE RENAL OPERATION MANUAL EBOOK

EPUB / DE TRASPLANTE RENAL OPERATION MANUAL EBOOK 21 December, 2017 EPUB / DE TRASPLANTE RENAL OPERATION MANUAL EBOOK Document Filetype: PDF 427.58 KB 0 EPUB / DE TRASPLANTE RENAL OPERATION MANUAL EBOOK Related Images "Trasplante renal pdf download" (118

More information

The occurrence and distribution of foot and mouth disease virus types in India from 1971 to 1985

The occurrence and distribution of foot and mouth disease virus types in India from 1971 to 1985 Rev. sci. tech. Off. int. Epiz., 1988, 7 (2), 357-364. The occurrence and distribution of foot and mouth disease virus types in India from 1971 to 1985 D. RAMARAO and B.U. RAO * Summary: Data on 8,099

More information